top of page

Nace un novo espazo para a lingua galega!

E para que?

Este espazo será para compartir os nosos traballos ao longo  da avaliación. E por que somos ecolóxicos? Porque comezamos cos elementos máis sinxelos da NATUREZA, cunhas simples pedras que debuxamos para facer os alfabetos do galego e, ademais, porque unha ecoloxía lingüística é tan urxente como a biolóxica.  A diversidade lingüística é un ben básico do ser humano. Cada lingua expresa unha visión do mundo e do que significa ser persoas; os argumentos son os mesmos que os que utilizamos para a conservación de plantas e animais, só que aquí falamos de  diversidade intelectual. 

Os lingüistas consideran que no próximo século desaparecerán o 50% das 6000 linguas do planeta; isto vén sendo un idioma morto cada dúas semanas. E nós, neste século XXI, non queremos chegar a ver ao ultimo falante de galego. Ao galego, como "especie en perigo de extinción" que é, hai que mimalo; son palabras  do  director do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Oxford, John Rutherford.

"Mimar o galego", iso é o que imos facer aquí.

bottom of page