"A ti, meu Cambados, probe e fidalgo e soñador..."
- @Isabelmbs
- 5 jun 2015
- 1 Min. de lectura

Así comeza a dedicatoria da 1ª edición de Vento mareiro, publicado na Habana en 1915. Completa, di así:
"A ti, meu Cambados, probe e fidalgo e soñador que,
ó cantareiro son dos pinales i ó agarimo dos teus pazos
lexendarios, dormes deitado ó sol, á veira do mar".
Os tres adxectivos lle acaían ben ao Cambados de Cabanillas, ao pobo que deixa aquel setembro de 1910 cando embarca para Cuba. E será o 1915, o ano da publicación de Vento mareiro cando o poeta volve ao seu Cambados natal.
O Pazo de Fefiñáns está situado no barrio de Fefiñáns, en Cambados, na comarca do Salnés. Dálle nome á praza máis destacada desta vila, a praza de Fefiñáns. De aire clásico, integra un harmonioso conxunto coa súa arcada, torre da homenaxe e a veciña Igrexa de San Bieito.
O pazo conxuga elementos barrocos con outros italianos post-renacentistas.
O nome provén do xenitivo dun posuidor xermánico, Fefilianis, de onde deriva tamén o nome da praza.

Comments